Despois de moito traballo e esforzo de todos os nen@s da aula, rematamos o traballo do poema "Adiós ríos, adiós fontes", de Rosalía de Castro. É un iMovie dividido en tres partes: a primeira delas consta de todas as estrofas do poema escritas coa app Notegraphy; na segunda recítase o poema coa app Tellagami, os fondos eleixíronlos os nen@s, así como as voces tamén son as deles; e na terceira parte aparecen todos aqueles sentimentos ou palabras que lles transmite, fixéronlo coa app ImageChef. Esta película será presentada no Festival das Letras Galegas do cole. Esperamos que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario